jueves, 27 de mayo de 2021

Vermes de Seda



Ser unha tartaruga valente tamén involucra coidar dos mais pequenos e nesta oportunidade entre todos coidamos destes pequenos vermes de seda e compartimos responsabilidades mentres aprendemos.






A Heráldica

 


A Heráldica da nosa clase


Heráldica : estudo que se ocupa de describir e explicar os escudos de armas de unha familia, cidade ou como neste caso, o escudo que os alumnos do grupo de Terceiro A elaboraron con creatividade e moita alegría.


 

Partindo dun deseño en branco dunha heráldica e logo de coñecer a importancia e a historia das mesmas na nosa vila, comezaron os traballos de elaboración





A pesar de que a policromía nos antigos escudos non se conservou, os escudos das Tartarugas Valentes foron elaborados con moita creatividade e cheos de cor.





Cabaleiros, espadas, árbores, flores, estrelas, o océano, son algúns dos elementos que se poden atopar representados nos diferentes escudos do grupo.










miércoles, 26 de mayo de 2021

Explorando Pontedeume

Con motivo da celebración dos 750 anos de Pontedeume, onte tivemos unha visita guiada para coñecer mais sobre a nosa vila, historia, monumentos e cultura a demais de compartir coa nosa comunidade como parte da nosa PDI. 



Grazas á compañía de Silvia, Sabrina e Óscar puidemos vivir de forma segura e divertida esta experiencia de aprendizaxe.













lunes, 17 de mayo de 2021

Letras Galegas 2021, XELA ARIAS (Parte II).

 Para completar un día de aprendizaxe, expresamos a nosa creatividade e imaxinación:




























Letras Galegas 2021, XELA ARIAS





 Xela Arias é a autora homenaxeada na edición 2021 do Día das Letras Galegas. Así o decidiu  a Real Academia Galega, que destaca á poeta sarriá como "unha voz singular da xeración que renovou nos anos 80 a poesía galega en temas, estilo e forma", suliñando ademais "o seu labor pioneiro na tradución ao galego de clásicos universais e como editora". Xela Arias convértese na quinta muller homenaxeada no Día das Letras Galegas nos 58 anos desta celebración, despois de Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007) e María Victoria Moreno (2018).



 As nenas e nenos do Ciclo Medio  adoitaban facer os decorados do festival.Este ano, o seu profesorado proponnos  unha  actividade diferente.


Consiste en realizar catro probas moi sinxelas ao longo desta semana e   dentro das aulas para conseguir unha ficha dun puzzle tamaño xigante e poder completar un mural que quedará exposto na cortiza que hai na saída ao patio exterior de Primaria.



Unha mostra das actividades:





martes, 11 de mayo de 2021

Lendo e aprendendo

  



Xela Arias


Xela Arias naceu o 4 de marzo de 1962 en Lugo pero foi inscrita en Sarria (Lugo) onde seu pai era mestre de primaria. Comexou moi axiña a súa carreira literaria. Con once anos gañou ou VI Concurso do Contos Infantis de O Facho, co relato titulado ``A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia´´.


Conmemorando o día das letras Galegas o grupo das tartarugas valentes decidirun practicar a lectura dunha forma divertida , lendo entre compañeiros esta obra:





viernes, 7 de mayo de 2021

Celebramos o traballo do grupo

 E foi así como recibimos o recoñecemento ao esforzo en grupo na elaboración dos Maios por parte do Concello de Pontedeume.






O paso das tartarugas valentes 2021

 Unha tartaruga valente sempre deixa a súa pisada e iso é o que quixemos amosar xa que deixamos parte do noso traballo na biblioteca do cole...