Xela
Arias é a autora homenaxeada na edición 2021 do Día das Letras Galegas.
Así o decidiu a Real Academia Galega, que destaca á poeta sarriá como
"unha voz singular da xeración que renovou nos anos 80 a poesía galega en
temas, estilo e forma", suliñando ademais "o seu labor pioneiro na
tradución ao galego de clásicos universais e como editora". Xela Arias convértese na quinta muller homenaxeada no Día das Letras
Galegas nos 58 anos desta celebración, despois de Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera
Garrido (1987), María Mariño (2007) e María Victoria Moreno (2018).
As nenas e nenos do Ciclo Medio adoitaban facer os decorados do festival.Este ano, o seu profesorado proponnos unha actividade diferente.
Consiste en realizar catro probas moi sinxelas ao longo desta semana e dentro das aulas para conseguir unha ficha dun puzzle tamaño xigante e poder completar un mural que quedará exposto na cortiza que hai na saída ao patio exterior de Primaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario