miércoles, 16 de septiembre de 2020

Benvid@s a 3ºA


Queridas familias:

Benvid@s a tod@s a este ano escolar!!!

Este ano a volta ao cole non é como nos gustaría que fose pero se algo temos claro é que os nen@s mostránnos cada día que eles/as se adaptan mellor que nós a calquera situación por moi difícil que sexa. 

Os comezos non sempre son doados, pero a pesar de todas as "incomodidades" anímovos a ver a volta ao cole como unha oportunidade para readaptarnos a unha nova normalidade. Entre todos/as temos que tentalo! e se facemos equipo (na distancia, por mor das normas e protocolos) conseguirémolo sen dubidar!

Por último explicar que o fin deste blog é crear un espazo onde os vosos fillos e fillas poidan compartir coa comunidade educativa do CEIP Couceiro Freijomil algunhas cousiñas que fan durante as xornadas lectivas. Esperemos que sexa do voso agrado.

Un saúdo

As mestras:

  • Remedios Fernández Piñeiro
  • Rosalía Iglesias Carrillo

 

O paso das tartarugas valentes 2021

 Unha tartaruga valente sempre deixa a súa pisada e iso é o que quixemos amosar xa que deixamos parte do noso traballo na biblioteca do cole...