Recomendacións lectoras Varias


Letras Galegas 2021, Xela Arias.


Na biblioteca tedes a vosa disposición libros de e sobre Xela Arias para todas as idades:







Historias de Tashi



Un bo día, Jake fálalles aos seus pais do seu novo amigo: trátase de Tashi, un mozo que chegou ao barrio a lombos dun cisne procedente dun lugar moi, moi afastado. Tashi sabe como tratar a xente tan perigosa e emocionante como xefes guerreiros, bruxas ou bandidos, e non teme nin sequera aos xigantes ou ás pantasmas. Porque, aínda que Tashi non é moi grande, si que é valente e moi astuto.














Algunha vez preguntáchesche que cousas ocorren mentres ti dormes plácidamente?

A noite está moito máis viva do que crees! Abre ben os teus sentidos e prepárate para descubrir todos os misterios que se esconden na escuridade.









Un novo cómic de Jorge e Berto, protagonizado por un heroe moi perruno! Grazas ao seu olfacto humano e á súa intelixencia perruna... ou ao revés... En fin, que Policán é unha machada combatendo o crime e tal. Catro historietas tronchantes para pasar un intre ladrando de risa!






O que nunca che contaron

(María Canosa/ Kike Gómez)

Seis historias que che abrirán os ollos e as portas da maxia e da ilusión, coma o mellor dos cofres dos tesouros...



Plan de Rescate
(Antía Yañez)


Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que vai comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra? Como di Noela: prepárate para vivir unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, compañeirismo, traballo en equipo e mesmo algo de amor (puaggg, que noxo!).






 Coñece a historia do castañeiro de abril

(Antonio Manuel Fraga)



 O Castañeiro de Abril, de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013, ilustrado por Antonio Seijas.   



Feliz Feroz
O lobiño riquiño





A irmá de Lobo Feroz está moi preocupada porque o seu fillo non é feroz: é boísimo. Feroz dille que o mande uns días para a súa casa, que xa se encarga el de convertelo nun lobo de verdade. Lobiño visita o seu tío e tenta facer o que lle pide: cazar coellos, asustar a Carapuchiña, comer os tres porquiños...







No hay comentarios:

Publicar un comentario

O paso das tartarugas valentes 2021

 Unha tartaruga valente sempre deixa a súa pisada e iso é o que quixemos amosar xa que deixamos parte do noso traballo na biblioteca do cole...