A Heráldica da nosa clase
Heráldica : estudo que se ocupa de describir e explicar os escudos de armas de unha familia, cidade ou como neste caso, o escudo que os alumnos do grupo de Terceiro A elaboraron con creatividade e moita alegría.
Partindo
dun deseño en branco dunha heráldica e logo de coñecer a importancia e a
historia das mesmas na nosa vila, comezaron os traballos de elaboración
A pesar de que a policromía nos antigos escudos non se
conservou, os escudos das Tartarugas Valentes foron elaborados con moita
creatividade e cheos de cor.
Cabaleiros, espadas, árbores, flores, estrelas, o océano,
son algúns dos elementos que se poden atopar representados nos diferentes
escudos do grupo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario