jueves, 3 de junio de 2021

Obradoiro de Lectura.

Nesta oportunidade como parte das nosas actividades próximas a fin do curso, as tartarugas valentes tivemos por zoom unha videoconferencia con Fco. Fdez Nadal, autor de ''Os contos de Avoa Pepa'', e puidemos compartir co autor un obradoiro repleto de imaxinación, aprendizaxe e lectura. 

Grazas Chisco!...







Mais sobre a obra:


“Os contos da avoa Pepa” atesouran a memoria dos nosos maiores, dun pasado con menos comodidades e sen os adiantos tecnolóxicos de hoxe en día, pero falan dunha Galicia coa autenticidade e co encanto da paisaxe e da paisanaxe rural; dun tempo no que as historias pasaban de avós, a fillos, a netos, xeración tras xeración, das diviñas, das cantigas e dos xogos tradicionais, das fábulas; do entusiasmo dos cativos gozando cunha sinxela caixa de pinturas. Mais “Os contos da avoa Pepa”...


No hay comentarios:

Publicar un comentario

O paso das tartarugas valentes 2021

 Unha tartaruga valente sempre deixa a súa pisada e iso é o que quixemos amosar xa que deixamos parte do noso traballo na biblioteca do cole...