sábado, 2 de enero de 2021

CREAMOS A NOSA EMPRESA DE PUBLICIDADE: A NOSA VILA

CREAMOS A NOSA EMPRESA DE PUBLICIDADE: “A NOSA VILA”
          
Güino, a mascota da nosa biblioteca, enviounos una carta na que nos propuxo un reto: convertirnos nunha empresa de publicidad co fin de promocionar a nosa vila pola súa  riqueza  cultural, artística…
                   


E, como non, aceptamos o reto!!!

O primeiro que fixemos foi crear un nome e un logotipo que nos represente como axencia de publicidade  do Eume. Para iso cada un de nós, deseñamos un cartel e fixemos unha votación. Podes premer nos seguintes enlaces para ver os nosos deseños.



















Avotación foi moi difícil porque os traballos eran moi bos!



domingo, 29 de noviembre de 2020

LECTURAS ÁS ESCURAS




A biblioteca, propuxonos levar a cabo una iniciativa moi divertida: As lecturas ás escuras!!!  

 Na nosa aula fixemos lecturas ás escuras, e coas linternas, foi moi divertido!!! 



jueves, 29 de octubre de 2020

SAMAÍN E MAGOSTO




Ola nenos e nenas de terceiro!

Comeza outono e con il as festas do cole: SAMAÍN E MAGOSTO…!!! 

No cole estamos preparando a festa do SAMAÍN que se celebrará o venrés 30 de novembro. Tanto o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, como a Biblioteca Escolar nos propuxeron ideas moi interesantes.





viernes, 23 de octubre de 2020

SAÍDA POLA VILA: 750 ANOS CONSTRUÍNDO A HISTORÍA DE PONTEDEUME




SAÍDA POLA VILA: Visitamos a Exposición da Casa da Cultura: 750 ANOS CONSTRUÍNDO A HISTORÍA DE PONTEDEUME. 

Video da Exposición Vimeo ( preme no enlace para ver un resumo da exposición)


Como xa vos contamos que dende o cole estamos a traballar no PDI, que este ano está adicado a nosa vila, Pontedeume, e para iso precisamos coñecer máis a fondo a nosa vila. 

 Güino, encomendounos unha misión: facer una campaña de publicidade da nosa vila, e nós, estamos volcados en crear a nosa propia axencia de publicidade… 



 Aproveitando a ocasión, fumos á Exposición: “750 anos construíndo a Historia de Pontedeume” 


 Na Casa da Cultura agardabanos Silvia, que é unha historiadora, e moi xentilmente, explicounos moitas cousas da historia de Pontedeume. 

















viernes, 16 de octubre de 2020

Información para nais e pais

Estimados país, xa que non puidemos ter a titoría conxunta de inicio de curso por mor da Covid 19, gustaríame compartir con vós, a través das seguintes diapositivas, información varia sobre como imos a traballar este curso.

Poden localizalo no blog "Somos 3º", ubicado na páxina web do Centro.


Un saúdo.

Remedios Fernández Piñeiro.




















miércoles, 16 de septiembre de 2020

Benvid@s a 3ºA


Queridas familias:

Benvid@s a tod@s a este ano escolar!!!

Este ano a volta ao cole non é como nos gustaría que fose pero se algo temos claro é que os nen@s mostránnos cada día que eles/as se adaptan mellor que nós a calquera situación por moi difícil que sexa. 

Os comezos non sempre son doados, pero a pesar de todas as "incomodidades" anímovos a ver a volta ao cole como unha oportunidade para readaptarnos a unha nova normalidade. Entre todos/as temos que tentalo! e se facemos equipo (na distancia, por mor das normas e protocolos) conseguirémolo sen dubidar!

Por último explicar que o fin deste blog é crear un espazo onde os vosos fillos e fillas poidan compartir coa comunidade educativa do CEIP Couceiro Freijomil algunhas cousiñas que fan durante as xornadas lectivas. Esperemos que sexa do voso agrado.

Un saúdo

As mestras:

  • Remedios Fernández Piñeiro
  • Rosalía Iglesias Carrillo

 

O paso das tartarugas valentes 2021

 Unha tartaruga valente sempre deixa a súa pisada e iso é o que quixemos amosar xa que deixamos parte do noso traballo na biblioteca do cole...