jueves, 29 de octubre de 2020

SAMAÍN E MAGOSTO




Ola nenos e nenas de terceiro!

Comeza outono e con il as festas do cole: SAMAÍN E MAGOSTO…!!! 

No cole estamos preparando a festa do SAMAÍN que se celebrará o venrés 30 de novembro. Tanto o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, como a Biblioteca Escolar nos propuxeron ideas moi interesantes.





viernes, 23 de octubre de 2020

SAÍDA POLA VILA: 750 ANOS CONSTRUÍNDO A HISTORÍA DE PONTEDEUME




SAÍDA POLA VILA: Visitamos a Exposición da Casa da Cultura: 750 ANOS CONSTRUÍNDO A HISTORÍA DE PONTEDEUME. 

Video da Exposición Vimeo ( preme no enlace para ver un resumo da exposición)


Como xa vos contamos que dende o cole estamos a traballar no PDI, que este ano está adicado a nosa vila, Pontedeume, e para iso precisamos coñecer máis a fondo a nosa vila. 

 Güino, encomendounos unha misión: facer una campaña de publicidade da nosa vila, e nós, estamos volcados en crear a nosa propia axencia de publicidade… 



 Aproveitando a ocasión, fumos á Exposición: “750 anos construíndo a Historia de Pontedeume” 


 Na Casa da Cultura agardabanos Silvia, que é unha historiadora, e moi xentilmente, explicounos moitas cousas da historia de Pontedeume. 

















viernes, 16 de octubre de 2020

Información para nais e pais

Estimados país, xa que non puidemos ter a titoría conxunta de inicio de curso por mor da Covid 19, gustaríame compartir con vós, a través das seguintes diapositivas, información varia sobre como imos a traballar este curso.

Poden localizalo no blog "Somos 3º", ubicado na páxina web do Centro.


Un saúdo.

Remedios Fernández Piñeiro.




















miércoles, 16 de septiembre de 2020

Benvid@s a 3ºA


Queridas familias:

Benvid@s a tod@s a este ano escolar!!!

Este ano a volta ao cole non é como nos gustaría que fose pero se algo temos claro é que os nen@s mostránnos cada día que eles/as se adaptan mellor que nós a calquera situación por moi difícil que sexa. 

Os comezos non sempre son doados, pero a pesar de todas as "incomodidades" anímovos a ver a volta ao cole como unha oportunidade para readaptarnos a unha nova normalidade. Entre todos/as temos que tentalo! e se facemos equipo (na distancia, por mor das normas e protocolos) conseguirémolo sen dubidar!

Por último explicar que o fin deste blog é crear un espazo onde os vosos fillos e fillas poidan compartir coa comunidade educativa do CEIP Couceiro Freijomil algunhas cousiñas que fan durante as xornadas lectivas. Esperemos que sexa do voso agrado.

Un saúdo

As mestras:

  • Remedios Fernández Piñeiro
  • Rosalía Iglesias Carrillo

 

O paso das tartarugas valentes 2021

 Unha tartaruga valente sempre deixa a súa pisada e iso é o que quixemos amosar xa que deixamos parte do noso traballo na biblioteca do cole...